Mariluz Villar Otón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Luz Villar Otón 1937 (86/87 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro, escritora |
Familia | |
Cónxuxe | Luis Rodríguez Miguez |
Fillos | Alejandra Juno |
Mariluz Villar Otón, nada en Madrid o 29 de decembro de 1937, é unha actriz de teatro, escritora e xornalista galega en lingua castelá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou como locutora na Cadena SER en Santiago de Compostela a principios dos anos 60, simultaneamente traballou como primeira actriz e codirectora no compostelán grupo de teatro Ditea, do que é cofundadora, postos que ocupou até 1974, sendo considerada unha das pioneiras do teatro contemporáneo galego. Con este grupo gañou premios na categoría de primeira actriz como o Hércules de Plata da Coruña (1966) ou La Máscara de Oro de Lugo (1970). En 1978 trasladouse a Ourense onde comezou a traballar na COPE e no 1983 fundou o Estudio de Artes Escénicas de Ourense, unha academia de teatro que até 1996 fixo representacións en Galicia e Portugal, ademais de recuperar a tradición dos autos sacramentais en templos. Impartiu clases de arte dramática en diferentes centros e no 1986 formou parte do elenco da obra A noite vai coma un río na montaxe do Centro Dramático Galego.
Obra escrita publicada
[editar | editar a fonte]- Cauce desnudo 1974. Galí.
- Ruega por nosotras, 2002. Deputación de Ourense.
- 27 cuentos para despertar, 2004. Deputación de Ourense.
- Con acento humano, 2011. Deputación de Ourense.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1960 Premio "Hércules de Plata" á mellor actriz principal, no II Certame de Teatro (A Coruña).
- 1970 Primeiro premio "Mascara de Oro" á mellor actriz principal feminina. I Certame de Teatro (Lugo).
- 1973 Placa de prata e homenaxe dos oíntes de Radio Galicia de Santiago.
- 1973 Placa de prata da sociedade artística "La Troya" pola súa labor teatral.
- 1980 Homenaxe da "Comisión de la ilusión".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 600. ISBN 84-8064-113-4.
- Rodríguez Villar, Alejandra Juno (2011). Cuando Compostela subió el telón (en castelán). Alvarellos Editora. ISBN 978-84-89323-70-4.